Saturday 04 de May de 2024

Cancélase o concerto de Human na Pobra


A banda pobrense Human vese na obriga de cancela-lo concerto previsto para o 30 de decembro por motivos de saúde dun dos seus integrantes.

A actuación inicial xa fora adiada pola mesma razón.

Comunicarase cando haxa nova data para esta sesión musical na que presentarán o novo EP titulado Anomaly e contarán con Leite con Jalletas como artista convidado.

Organizan conxuntamente a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a produtora Silencio Roto.